Hoxe tivemos novidades por parte de Inspección Educativa, polo que nos poñemos en contacto con vós para darvos unha serie de informacións importantes.
1. Non hai instrucións claras sobre o avance en materias, polo que os alumnos que non poidan seguir os novos contidos non serán penalizados ao respecto.
2. A avaliación realizarase coa información recadada ata o inicio da corentena e só poderemos valorar positivamente o traballo realizado desde os fogares, tendo en conta fundamentalmente o interese mostrado, nunca a calidade do traballo en si.
3. Libros de texto. Non existe unha directriz clara sobre qué debemos facer ao respecto. Din que non se opoñerán ao que decidamos. Neste sentido, a protección civil de A Rúa ofrécese a axudarnos con isto e a levar aos domicilios os libros de texto que estean na aula –no caso de 4 e 5 anos recordar que non hai libros do 3º trimestre, en 3 anos si hai libros do 3º trimestre-. EN NINGÚN CASO SE PODERÁ IR A RECOLLER PERSOALMENTE LIBROS AO CENTRO.
Desde as nosas titorías trasladámosvos esta información e as decisións que tomamos ao respecto.
-COMUNICACIÓN AO CORREO ELECTRÓNICO: pedímosvos que nos contactedes ao noso correo electrónico o antes posible para establecer unha vía de contacto e saber que recibistes esta mensaxe.
3 anos: ermindadominguez@edu.xunta.gal
4 anos: guitiansarria@edu.xunta.es
5 anos: susanapereiro@edu.xunta.gal
Cando teñamos un bo número de correos electrónicos, enviarémosvos un formulario de consulta no que pediremos a vosa opinión sobre:
-Decisión individual e particular de cada familia sobre se queredes recibir os libros e traballar sobre eles os contidos que aínda non se traballaron na aula.
-En caso afirmativo, precisamos unha dirección na que poidades recibir os libros. Así mesmo, precisamos o voso consentimento escrito para que facilitemos esa información persoal á protección civil de A Rúa.
-Gustaríanos saber as posibilidades de acceso e dificultades que atopastes para poder recibir a información que enviamos ata o de agora. Por exemplo: non dispoñedes de internet, non tedes acceso a unha impresora, non tedes ordenador, etc.
-No propio formulario gustaríanos que poñades un número de contacto para poder crear un grupo de whatsapp de aula e así ter un contacto máis directo e fluído con vós
As familias que queiran continuar o traballo dos libros será en base á súa autonomía, de xeito que cada un continúe ao ritmo que estableza de forma individual. Para nós resulta complicado continuar co traballo dos libros a distancia xa que non dispoñemos de libro dixital, pero para calquera consulta agradecemos que vos poñades en contacto con nós.
Así mesmo, no que respecta a avaliación de actividades, non temos inconvinte en facelo se nolas facedes chegar a estes correos a través de fotografías.
En canto ao blog, seguiremos traballando con el como ata agora. A nosa recomendación é acceder ao blog conxunto respinoinfantil.blogspot.com e a partir de aí ao blog de cada aula (fichas 3 anos, fichas 4 anos ou fichas 5 anos) que poremos en marcha a partir do luns día 20.
Moitas grazas, un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario