Hoxe é venres, polo que imos retomar o que facíamos todos os venres. Será unha tarefa que faremos a partires de agora todos os venres.
Tratáse da actividade do conto que levabamos a fin de semana para a casa, coa diferencia de que en vez de lelo imos a velo e escoitalo para despois facer un debuxo.
Como non podemos presentar os debuxos na asemblea e despois expoñelos pola clase, podedes mandalos cada un ao correo da vosa profe antes do mércores (cando o debuxo estea rematado facesdelle unha foto e enviadesnolo). Así podemos publicalos o xoves no blogue para que todos vexades o voso debuxo e o das vosas compañeiras e compañeiros.
Recordámosvos os enderezos electrónicos:
Aula de 3 anos: Profe Ermi: ermindadominguez@edu.xunta.galAula de 4 anos: Profe Marián: guitiansarria@edu.xunta.gal
Aula de 5 anos: Profe Susana: susanapereiro@edu.xunta.gal
Deixamosvos unha fichiña sinxela onde facer a actividade, pero se non queredes imprimila podedes usar un folio, ou o soporte que queirades, eso sí, non esquezades poñer o voso nome no debuxo.
Desfrutade do conto A casa da mosca Chosca. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario