Bo día!
Hoxe, para abrir boca, traémovos un novo xogo para formar palabras e deste xeito traballar a lectoescritura.
Pero antes, gustaríanos que souberas que se queres ter actividades lúdicas de repaso de todo tipo (lectoescritura, lóxicamatemática, conceptos básicos, grafomotricidade, ...) podes descargar a aplicación "palomitas de maiz" para a túa tableta ou para o móvil no "playstore". A descarga é gratuita.
Pensamos que lle resultará interesante á cativada repasar e integrar aprendizaxes da man das súas mascotas: Pepiño, Popi, Peluxa e Plin.
Tamén podedes entrar en https://edelvivesdigital.com/ rexistrarvos e acceder ao seguinte contido:
Necesitades, un código de acceso, segundo o nivel (nivel 1: 3 anos, nivel 2: 4 anos e nivel 3: 5 anos), se queredes o código póñedevos en contacto con nós (a través do formulario de contacto na marxe dereita do blogue, onde indicaredes o nome do neno, o curso e que queredes a clave) e facilitamosvos ás claves de acceso no mesmo enderezo de mail que deixedes no formulario. (Non podemos poñer aquí abertas ao público as claves).
Estas aplicacións son para movil, tableta e ordenador e son para traballar básicamente lectoescritura (molalaletra) e lóxica-matemática (qué te cuentas). O mesmo código dá acceso ás duas aplicacións.
Recorda deixar un comentario se che gusta este contido para animarnos a deixarvos máis actividades deste tipo. Tamén podes utilizar os comentarios para decirnos calquera cousa que desexes.
Se queres que a túa mensaxe sexa privada utiliza o formulario de contacto na marxe dereita do blogue.
Moitos bicos para tod@s.
ACTUALIZACIÓN: Tamén podedes acceder á web: https://www.algaida.es/campusdigitalinfantil/, onde encontraredes xogos, contos, cancións, actividades... das nosas mascotas.
Este blogue foi creado polo equipo de infantil do CEIP Manuel Respino (A Rúa) para estar en contacto co alumnado e propoñerlle tarefas voluntarias durante o estado de alarma decretado polo "Gobierno de España"
Etiquetas
- 3 ANOS (48)
- 4 ANOS (46)
- 5 ANOS (47)
- CONTOS (25)
- INFORMACIÓNS (8)
- INGLÉS (1)
- LECTOESCRITURA (3)
- XOGOS (13)
miércoles, 25 de marzo de 2020
XOGO: FORMAMOS PALABRAS
Etiquetas:
3 ANOS,
4 ANOS,
5 ANOS,
INFORMACIÓNS,
LECTOESCRITURA,
XOGOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario