Bos días familias!!
Deixamos para esta semana unha proposta de lectura para facer cos peques. É unha pequena recompilación de letras, sílabas e palabras, a maioría xa traballadas na aula. O obxectivo é que sirva un pouco como repaso, coa vosa axuda por suposto. Non vos preocupedes se hai palabras que non saen, estamos aprendendo.
Esperamos que vos sirva, e non esquezades ler moitos contos estes días.
Tamén nos gustaría que vos animedes a poñer comentarios nas nosas publicacións, así saberemos que é o que vos gusta e o que podemos mellorar.
Ánimo e un bico moi forte para os pequerrechos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario