Hoxe seguimos a traballar coas mans empregando as texoiras, pero esta vez confeccionando o noso "Maletín médico"en versión puzzle co que os nosos pequenos poderán xogar a ser médicos e enfermeiros, profesión tan necesaria e aos que seguro agradecimos o seu esforzo estes días complicados de confinamento co noso aplauso ás 8 da tarde.
Este tipo de xogo, chamado "xogo simbólico" es especialmente importante nestas edades porque favorece a capacidade para imitar situacións da vida real e poñerse na pel dos demais, axudando ao desenvolvemento da linguaxe, á consolidación de representacións mentais, a imaxinación... A demais de ser unha boa actividade para traballar o vocabulario, a coordinación oculo-manual e a agudeza visual, vailles entreter un montón!!
Aquí vos deixamos todo o que precisades:
- Plantilla imprimible
- Texoiras
- Velcro para pegar os obxectos no seu espacio
- Plastificadora (inda que non é imprescindible si quedará mais reforzado e o xogo durará mais)
No hay comentarios:
Publicar un comentario