lunes, 8 de junio de 2020

CALENDARIO

Onte, hoxe, mañá.. son conceptos dificiles de asimilar polos mais pequenos sendo un proceso lento que precisa de certo reforzo. Padres e profes debemos axudarlles neste proceso de adquisición de nocións temporais con distintas estratexias e actividades. Dentro da aula contamos cun gran recurso para traballar as nocións temporais na nosa rutina diaria da asamblea. Por este motivo queremos compartir un exemplo de calendario que poderiades ter na casa e traballalo diariamente destacando os días que corresponden aos conceptos onte, hoxe e mañá, así como enumerar os dias da semana, meses do ano e estacións. Esta actividade, ademais de favorecer a orientación temporal, contribuirá ao desenvolvemento da linguaxe oral,  razonamento lóxico-matemático e lectoescritura.
Tan só tedes que imprimir o modelos  que vos deixamos, preferiblemete en A3 e plastificado, un para recortar os dias, meses e estaciones e o outro para ir pegandoos con velcro. Se non queredes imprimilo podedes usalo como modelo e facer o voso propio calendario en cartulina grande, colocalo en un lugar visible e recurrir a el cada mañana para saber en qué dia estamos con preguntas como: que día foi onte?en que estación do ano estamos? que tempo fai? como nos temos que vestir?...e que sexan eles mesmos quenes coloquen con velcro as respostas correctas.





E para repasar os dias da semana e as estacións do ano aquí vos deixamos unhas divertidas cancións:









No hay comentarios:

Publicar un comentario