Parece que agora si, a primavera
ven para quedarse con nós, e queremos aproveitar estes días de sol para facer
unha actividade que de seguro gustaralles aos nosos pequenos.
Inda que estemos na casa, podemos
observar que os días son mais largos e que os raios do sol entran polas nosas
fiestras, creando un fantástico ambiente de luces e sombras que aumentan o noso
estado de ánimo, e queremos aproveitalo.
Cómo se forman as sombras, cómo
podemos facelas, onde aparecen, porqué non teñen cor..., son algunas das preguntas
que poden xurdir nas mentes dos nenos cando teñen a posibilidade de interactuar
dunha forma dinámica con este fenómeno. Por iso vos propoñemos as seguintes
actividades:
DEBUXANDO SOMBRAS
Empregaremos o sol que entra
polas nosas fiestras como fonte de luz para crear sombras sobre un papel en
branco.
O único que precisamos son figuriñas ou xoguetes pequenos, sendo mais
atractivos para esta actividade con formas de animais.
Debuxaremos no papel o
contorno da forma que xera a sombra e permitiremos que os nenos exploren cómo
se forman as sombras e como éstas poden cambiar según a súa ubicación e o
tamaño da figura.
TEATRO DE SOMBRAS

FICHAS INTERACTIVAS
Mentras que preparades este xogo
de luces e sombras, os nenos poden ir practicando con estas fichas
interactivas, nas que deberán asociar a figura coa súa sombra correspondente
empregando o rato do ordenador. Unha vez completada a actividade dáselle a “terminar”,e clicase en “enviar mis respuestas a mi profesora” cubrindo os seguintes datos:
Nome do neno
CURSO: Infantil
ASIGNATRUA: idade da clase (3 anos, 4 anos ou 5 anos)
Dirección ou clave do profesor: posepaula@msn.com
Así podemos ver que tal se vos da!!
Nome do neno
CURSO: Infantil
ASIGNATRUA: idade da clase (3 anos, 4 anos ou 5 anos)
Dirección ou clave do profesor: posepaula@msn.com
Así podemos ver que tal se vos da!!
Sombras na arca, una ficha interactiva de Mariajo1964
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Busca la sombra de las aves, una ficha interactiva de mamenbailon
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Dibujos y sombras, una ficha interactiva de Superlope13
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Juego de sombras, una ficha interactiva de Amencal
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario