Hoxe imos contar un IOGACONTO. Sabedes o que é o ioga? Hai miles de anos uns señores que vivían na
India puxéronse a observar a natureza cos seus animais, montañas, ríos, mares,
planetas, estrelas… E comezaron a moverse imitando cada un deles, creando
posturas, sons e movementos moi parecidos. Daquelas, contábanse moitas lendas,
contos e historias nas que as personaxes cobraban vida e movemento gracias ás
posturas de ioga!!
O ioga ofrece,
especialmente aos mais pequenos, a oportunidade de experimentar e practicar
moitos movementos que poden axudarlles ao seu equilibrio, a conciencia corporal
e espacial, a forza e a resistencia, a flexibilidade e a respiración, a
coordinación e o control, pero sobre todo a disminuir o estrés que
probablemente estemos sufrindo nestes días de "confinamento". Por todos estes
motivos, que non son poucos, deixámosvos uns exemplos de como facer unha sesión
de iogaconto, onde a través dunha historia que inclúe xogos, cancións e moitas
posturas, imos vivir unha aventura na que os nenos serán os protagonistas.
Deixámosvos ademáis, unha
recopilación de posturas de ioga para que sexan os nenos os que creen o seu
propio iogaconto. Desta maneira, estaremos favorecendo a súa imaxinación á vez
que melloramos a expresión verbal e corporal. Axudádelles a escribir a súa
historia e que sexan eles quen vola conten.
Fuente: https://www.yogic.com.ar/
Agora que xa estamos relaxados xa podemos comezar a traballar.
Para os mais pequeniños de 3 anos vos deixamos estas fichas de razoamento lóxico-matemático que podedes ir facendo ao longo destes dias. Nos vos esquezades de poner o nome en cada unha!
Os demais, podedes entrar na vosa blogue do curso que de seguro tedes actividades moi interesantes para o dia de hoxe, inda que tamén poderedes facer estas a maiores como repaso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario