Moi boas raparigas e raparigos de infantil, espero que todo vaia xenial.
Nesta entrada vou facer unha recollida dos vídeos que empregaba máis habitualmente na aula para que na casa poidades traballar un pouquiño o inglés que estabábamos a facer na aula. Lembrade que o obxectivo é que acaben a etapa de educación infantil coñecendo os números, as cores, as partes do corpo e algunhas accións corporais.
Os vídeos os clasificarei en base a eses tres contidos:
NÚMEROS
Números do 1 ao 10
Coñecen moi ben esta canción e normalmente eran capaces de seguir a canción facendo xestos e contando en voz alta. Supoño que tras dous meses aínda se acordarán.
Os momentos nos que nos fartábamos un pouco da outra canción, tamén empregábamos esta. Mistura baile e accións con números do 1 ao 10.
Números do 10 ao 20
Esta canción a empregaba sobre todo co alumnado de 4 anos e de 5 anos. Cóstalles bastante facer toda a progresión de números, especialmente aqueles que van do 10 ao 15. Aínda así, este contido se traballará en primeiro e en segundo de primaria.
Números do 1 ao 20
Conta tres veces os números, cada vez máis rápido. Co alumnado de 5 anos estabábamos intentando que seguisen o ritmo da primeira vez, pero se queren intentalo coas demais velocidades, pois perfecto.
CORES EN INGLÉS
Para as cores empregamos un único vídeo que traballan 7 cores básicas. Ao final do vídeo repite as cores dunha en unha. Ás veces paraba o vídeo e lles facía buscar pola clase algún obxecto correspondente a esa cor. Algo que tamén poden facer na casa.
PARTES DO CORPO
Empregamos un vídeo para esta parte do currículo. Empezamos a utilizalo nos últimos dous meses nos grupos de 4 e 5 anos.
ACCIÓNS
As accións en inglés son moi variadas, pero as máis básicas están contidas nestes dous vídeos.
A primeira é bastante tranquila e simple. Así para entrar en calor.
Esta xa é outro nivel. Normalmente é a súa preferida, pero implica volverse un pouco tolos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario