Ola familias!
Ainda que estamos a vivir unha situación atípica, hoxe é o día de entrega de notas e o comezo das vacacións de Semana Santa, que durarán ata o luns, 13 de abril, incluido.
As notas, como vos informábamos hai uns días, sairon na aplicación AbalarMóbil, pero, polo que nos estades a contar, na aplicación non podedes ver as observacións que vos fixemos nos boletíns.
Polo tanto deixámosvos unhas direccións de correo electrónico, para que vos poñades en contacto con nós, por se queredes consultarnos calquera cousa referente tanto ás notas como a calquera outra cuestión que precisedes tratar con nós.
Os emails son os seguintes:
Aula de 3 anos: Profe Ermi: ermindadominguez@edu.xunta.gal
Aula de 4 anos: Profe Marián: guitiansarria@edu.xunta.gal
Aula de 5 anos: Profe Susana: susanapereiro@edu.xunta.gal
E antes de rematar queremos mandar unha mensaxe para unha parte da sociedade que tamén merece moitos aplausos nos balcóns e nas ventás ás oito da tarde, polo ben que están xestionando esta difícil situación: OS NOSOS NENOS E NENAS
Desfrutade deste tempo de lecer na casa e en familia, xogade moito, coidade a vosa saúde e a dos maiores. E non dubidedes de que todo vai sair ben e que estamos moi , pero que moi orgullosas de todas e todos vos; do ben que o estades a facer todos os nenos e nenas do cole cumprindo coa sociedade e axudándolle ás mamás, aos papás e a toda a familia en todo o que podedes na casa. Sodes as/os mellores do mundo mundial.
Moitos bicos das vosas mestras que vos botan moitísimo de menos e teñen moitímas ganas de darvos un abrazo e un bico moi, pero que moi grande.
Este blogue foi creado polo equipo de infantil do CEIP Manuel Respino (A Rúa) para estar en contacto co alumnado e propoñerlle tarefas voluntarias durante o estado de alarma decretado polo "Gobierno de España"
Etiquetas
- 3 ANOS (48)
- 4 ANOS (46)
- 5 ANOS (47)
- CONTOS (25)
- INFORMACIÓNS (8)
- INGLÉS (1)
- LECTOESCRITURA (3)
- XOGOS (13)
viernes, 3 de abril de 2020
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario