martes, 14 de abril de 2020

NOVIDADES NO BLOGUE + ACTIVIDADE ASEMBLEA


Estamos de volta despois destes días de desconexión dixital!

 Ata fai unhas horas non tiñamaos directrices para afrontar o último trimestre do curso, xa que a Consellería de Educación enviou este comunicado onte, luns 13 de abril de 2020 ás 18:17 horas. Adxuntámolo para que teñades a mesma información que nós.


Como puidestes ler, ata o 15 de abril a Consellería non se reúne co Ministerio para tomar unha decisión conxunta de cómo afrontar o último período escolar do curso 2019-2020, polo tanto, ata que teñamos novas directrices, temos que ofrecerlle ao alumnado actividades de repaso e reforzo do que se traballou ata o de agora. 

De todos os xeitos imos aproveitar, esta entrada para adiantarvos as novidades do blogue, e explicarvos o seu  funcionamento:

Cando accededes ao blogue atopádesvos esta imaxe:

Vedes o título do blogue, a descripción do mesmo, e despois unha primeira liña amarela cunha serie de etiquetas que podedes picar para acceder de forma rápida ao contido publicado que desexedes (3 anos, 4 anos, 5 anos, informacións, xogos, ...)

Na seguinte liña tedes os enlaces a outras páxinas e blogues (páxina do cole, blogue de 1ª de primaria, fichas 3 anos, fichas 4 anos, fichas 5 anos e inglés). Nesta liña está a novidade do blogue.  

Rodeado de cor rosa vedes as etiquetas: fichas 3 anos, fichas 4 anos e fichas 5 anos. Aí albergaremos as fichas, actividades, traballos, etc específicos para cada grupo-clase. Ao picar en cada unha desas etiquetas ingresades no blogue de cada aula.

Polo tanto, diariamente accederemos a este blogue no que se publicarán actividades, xogos, contos, etc para todos os niveis de infantil, visitadeo e exploradeo cada día porque ides encontrar cousas de interese; como a actividade do arco da vella que elaboraron algúns nenos e nenas e publicamos coas suas creacións, os saudos e trucos de maxia para todos os nenos do cole, o conto do mostro de cores e o coronavirus ou os xogos e actividades do monstro, entre moitas outras.

Despois, dependendo da clase á que pertenzades cada un/unha, pinchades na etiqueta da vosa clase para acceder ao contido específico de cada aula.

 Ao picar encontraredes unha pantalla que alberga o blogue específico de cada aula, na que a través da lectura de cada unha das entradas publicadas se vos van presentar actividades, fichas, etc adaptadas ao curso correspondente.

 Nestas pantallas tedes tamén etiquetas de acceso rápido na parte superior para ir a contidos de lectoescritura, lóxicamatemática, etc

(ESTES BLOGUES, DE CADA UNHA DAS AULAS DE INFANTIL, COMEZARAN A FUNCIONAR A PARTIRES DO 15 DE ABRIL, UNHA VEZ QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DITE NOVAS INSTRUCCIÓNS).

Para poñervos en contacto coas mestras, ademais do email que xa vos facilitamos, podedes facelo cando esteades dentro do blogue de cada aula a través do formulario de contacto que aparece na marxe dereita do mesmo:

A mensaxe que enviedes a través deste formulario é privada, pero se queredes facer un comentario público para que o vexa todo o mundo podedes utilizar esta outra opción:



Ao final de cada entrada tedes unha etiqueta que di "No hay comentarios" ou " x comentarios" no que podedes pinchar e escribir a mensaxe pública que queirades. Para ver os comentarios de cada entrada tamén tedes que pinchar nesa etiqueta.

E para probar esta ferramenta,  invitámosvos a todos e todas a que nos deixedes en comentarios un pequeno texto no que nos contedes como vos encontrades, que estades facendo para divertirvos na casa, que cousas vos preocupan, que desexos tedes e todo o que queirades, coma se dunha das nosas asembleas se tratase.

Moitos biquiños a todas e todos. 






3 comentarios:

  1. Buenas, Telmo y Laia os manda muchos besos, abrazos y recuerdos todas y todos. Nosotros estos días estamos aprovechando a disfrutar de nuestra casa, de nuestro tiempo en familia, sin prisas. Estamos bien y aunque a veces flaqueamos un poco entendemos que quedarnos es casa es nuestra forma de pelear contra esta situación.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Laia e Telmo, sodes uns campeóns portandovos tan ben na casa. Gracias por contarnos como estades e o que facedes na casa. Todas as profes vos mandamos moitos biquiños e as vosas compañeiras e compañeiros seguro que recibiron eses bicos, abrazos e recordos tan doces que lle mandades.

      Eliminar
  2. EDÉN (4 ANOS)

    Moi boas,
    Aquí seguimos, despois de tantos días encerrados, non podemos queixarnos... Os rapaces, cómo sempre, demostran que son capaces de adaptarse a situacions complicadas, dando leccions aos adultos da capacidade de non sair da casa.
    Pero nós, os país, xa vemos que é urxente SAIR!!!
    Ainda que facemos moito todolos días:
    O primeiriño é o almorzo, despois hixene, seguido deberes, ximnasia (os luns e os xoves), música e plástica ( martes e venres), xogo libre ( mercores).
    Despois de xantar vemos unha peli, documentales ou se cae, unha siesta....
    Merendamos e as 8 saimos a aplaudir....

    Xa fixemos moito:
    Facemos retos diarios para o Facebook con amigos do fútbol de Jairo ( Edén é o primero en animarse),
    Saimos NA radio ONDA CERO VALDEORRAS e falamos da corentena,
    Chamamos o avós todolos días e as veces facemos videochamadas ós amigos,
    Axudamos a pintar o salón e a cambiar a habitación,
    Cociñamos Natillas, galletas, bizcoito...

    Estánsenos acabando as ideas

    Ainda siguen siendo mais días bos que malos....

    Unha aperta moi Forte da nosa parte e un bico moi rico de Edén

    ResponderEliminar