miércoles, 22 de abril de 2020

DIA DO LIBRO


Como todos os anos, o 23 de abril celebrase o Dia Internacional do Libro e esta vez queremos celebralo dunha maneira distinta.

Coñecedes os cubos de historias?


Contar historias é sin dúbida un método moi eficaz para traballar o pensamento creativo e a expresión oral dos nosos pequenos. Os cubos de historias trátase diso precisamente, de contar pequeñas historias a partir das imaxes que nos dan a combinación de varios dados lanzados ao azar. Cada un dos dados ofrece un elemento fundamental para a creación do noso propio conto, podendo clasificar os dados en distintas categorías según as imaxes incluidas neles: protagonistas, acción, transportes, amigos, paisaxes…
Existen no mercado multitude de xogos de este estilo, pero neste caso queremos fabricalo nós mesmos para asi aumentar a motivación e o interese dos nenos,  que participarán no seu deseño creando historias mais próximas a súa realidade.


PREPARACIÓN DO XOGO

  1.     Imprime, copia ou calca na pantalla do ordenador as plantillas dos dados en branco. Imprime tantas plantillas como categorías queirades usar. 
  2. Recortade cadradiños de papel do tamaño das carillas dos dados con debuxos feitos polos nenos segundo as categorías que quirades empregar na vosa historia e pegadeas no dados.
  3.   Recorta as plantillas dos dados cos debuxos, dobra, encola as pestañas e monta os dados. Pódense reforzar as esquinas con celo para que nos duren mais.


O XOGO

A dinámica do xogo ten múltiples e divertidas posibilidades.
Unha vez montados os cubos, os nenos os lanzan como se fosen dados e crean unha historia que conecte as imaxes que sairon na tirada.
Pódense usar os cubos a modo de inspiración para que os rapaces creen o seu propio libro de contos, transcribindo a disparatada historia creada.
Para darlle un toque mais divertido deixámosvos unas ideas de frases para dar comezo e rematar o voso conto de maneira orixinal.


Veredes como este divertido xogo convertirase nunha das actividades favoritas tanto dos maiores como dos mais pequenos da casa.

Farianos moita ilusión que compartades as vosas creacións, ben co envío da transcripción do voso conto ou coa fotografía dos vosos dados abertos sen encolar para colgarlos no bloge e asi disponer da nosa particular biblioteca  de plantillas de dados,  á seguinte dirección: posepaula@msn.com



No hay comentarios:

Publicar un comentario