Ola familias!!
Estamos máis que seguros que tendes un bombardeo de propostas para facer nas vosas casas. Dende o noso blog queremos propoñervos un pouco de todo. A ver que vos parece...
"Real Mom" de luns a venres en Boing ás 13:25h.
Seguro que xa o vistes anunciar. Pero, por qué o consideramos interesante? Veredes....
Os mais pequerechos poderán disfrutar dun novo programa que lles permitirá seguir aprendendo ciencia, cociña e sobre todo inglés dende a casa.
O programa que se emitirá durante o periodo de suspensión das clases presenciales nas escolas, contará con xogos didácticos para aprender novas palabras e potenciará valores como a imaxinación, a conciencia medioambiental a creatividade e a iniciativa.
O programa terá seccións fixas. Por exemplo:
Top Word. Cada día unha palabra será a protagonista para profundizar no seu significado e nos seus usos.
Cooking with Tania permitirá ós nen@s aprender platos para cociñar en familia.
Diy(Do it yourself) é a sección máis divertida. Os nen@s aprenderan a reutilizar materiais para realizar manualidades.
Let´s play, enseñará xogos didácticos e familiares.
Le´ts dance donde memorizaran coreografías divertidas.
Tamén haberá vídeos sobre noticias curiosas contadas en inglés e entrevistas a personaxes inspiradores.
Parécenos unha boa opción de aprendizaxe e entretenemento práctico.
Bicos ós nosos pequerechos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario