domingo, 22 de marzo de 2020

CARTA DAS PROFES DE INFANTIL AOS SEUS NENOS E NENAS.

Xa pasaron 10 días dende que, precipitadamente, nos despedimos de todos vos, nerviosas, preocupadas e con moita incertidume e moitisimas preguntas sen resposta. 

Esperábamos que a nosa separación fose curta, pero todo indica que se vai alongar (así o deu a coñecer hoxe o Presidente Pedro Sanchez), por este motivo as profes de infantil decidimos crear este blogue no que imos ir colgando cousiñas, que pensamos vos van axudar a pasar estes días de confinamento. Estas cousiñas son totalmente VOLUNTARIAS, son propostas, ideas,... ide facendo segundo vaiades querendo.


As profes: Ermi, Marián, Susana e Paula acordámonos de vos a diario e desexaríamos estar cada día con vos nas aulas, botamos de menos vervos cada día; pero se todos cumprimos as normas pronto nos veremos e voltaremos a estar xuntos compartindo tantas cousas... 

O profe Crespo, a profe Luísa, a profe Marga, a profe Pili e todas e todos os profes do cole teñen moitas ganas de vervos; incluso as mamás que vos coidan no comedor, as cociñeiras e a nosa conserxe Pili están desexando que volvamos todos moi pronto ao cole. 

En tanto que chega ese momento, ímonos comunicando por aquí. 


Estade atentos o blogue, coidadevos moito e aproveitade o tempo en familia. Moitisímos bicos para todos/as das vosas profes que estan desexando abrazarvos.


Mil bicos para: 


NEIL, SOFÍA, LAURA, CIRCE, EINAR, IVÁN, ESTEBAN, TELMO, LARA, ICIA, AARON, MARTÍN, JOSÉ MARI, JUAN, AINARA, MARTINA, IZAN, LUKA, ILDA, MIRIAM, ADRIÁN, JUÁN MANUEL, AINARA, GAEL, BRAIS, NEIZAN, SARA, ROI, AINHOA, MANUEL, EDÉN, DANIELA, IKER, CLAUDIA B., MARCOS, BRENO, JOAQUÍN, CLAUDIA F., BRAIS, AITOR, CLAUDIA G., JUÁN, ANTÍA, JAVIER, RAFAEL, UXÍA, ANA, CRISTINA, ARMANDINO, ALEXANDRE, PEDRO, PABLO, BRITTANY, VALENTINA e GABRIEL.

No hay comentarios:

Publicar un comentario