Entramos na terceira semana do Estado de Alarma decretado polo Goberno. Nesta situación “extraordinaria”, os nosos nen@s teñen un papel fundamental: devolvernos a esperanza sacándonos un soriso . Por este motivo, dende o Equipo de Educación Infantil do CEIP Manuel Respino queremos unirnos a esta iniciativa na que os mais pequen@s decoran as fiestras e fachadas cun arco da vella e a mensaxe “TODO VAI SAIR BEN”. Queremos darlle un toque de optimismo ás nosas rúas e que compartades as vosas creacións enviando unha fotografía a posepaula@msn.com que pode ser directamente dende a cámara do voso móbil. Con todas as fotografías recibidas faremos un collage que será publicado no noso blog a finais de semana.
Deixámosvos un modelo de arco da vella que podedes imprimir, calcar ou copiar e decoralo con distintos materias, formas e tamaños: grande, pequeño, en papel, en tea, con pinturas, con macarróns, boliñas de papel… ata onde chegue a vosa imaxinación!

No hay comentarios:
Publicar un comentario