lunes, 30 de marzo de 2020

ABALAR MÓBIL- NOTAS SEGUNDA AVALIACIÓN

Bo día!

Na páxina do cole podedes encontrar o seguinte aviso:


Para descargar a aplicación simplemente tedes que seguir estes pasos:

1º:  Imos ao "Play Store" do móbil, escribimos "AbalarMóbil", picamos enriba da aplicación.

2º: Dámoslle a descargar. 

3º: Dámoslle a abrir.

4º: Introducimos o número de móbil (xa nolo pide a propia aplicación para enviarnos unha clave).

5º:  Metemos a clave que nos chegou a traves dun SMS.

6º: Xa podemos consultar as notas (estarán dispoñibles, recordade, a partires do venres, 3 de abril).

Unha vez consultadas as notas NON DESINSTALEDES a aplicación xa que serve para recibir avisos, ver as faltas, consultar o horario, solicitar titorías, ...  e pódevos ser de utilidade. Eso sí, o profesorado non dispón de aplicación no móbil, so a través do ordenador, polo que o tempo e momento de acceso para o profesorado límitanos á hora de responder as vosas consultas, solicitudes e mensaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario